Unha Mirada de Antano


// O CONCURSO / Tes dúas maneiras de participar...

Onte e hoxe

Recoñeces algunha das paisaxes das fotos de Ruth Matilda Anderson? Cambiou moito? Estamos seguros de que es capaz de facer exactamente a mesma foto que ela fixo. Inténtao e verás como tampouco 85 anos son tanto tempo.

Envíanos as túas fotografías e móstrallas ao mundo. Fundación Caixa Galicia seleccionará as mellores fotos e proxectaraas xunto aos orixinais para que todo o mundo que visite a exposición poida ver a túa obra.

Visións moi persoais

Coma todos os artistas, Ruth Matilda Anderson, pretendeu plasmar unha visión persoal da realidade en cada unha das súas obras. Fundación Caixa Galicia seleccionou tres fotografías da exposición, xunto cos correspondentes comentarios da autora. Atréveste a darnos a túa visión actual desas tres realidades? Trátase de darnos unha visión diferente do que Ruth Matilda Anderson pretendía amosar coa súa foto pero adaptada á nosa época.

Envíanos as túas fotos e poderás gañar un lote de libros da Fundación Caixa Galicia.

// Prazos

Podes enviar as túas fotos ata o 01/02/2010.

// Bases Concurso

// Premios

Ademais de poder formar parte na exposición, participarás no sorteo dun magnífico lote de libros da Fundación Caixa Galicia.

2009_ Fundación Caixa Galicia _todos os dereitos reservados